REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO SERVIZO TARDES DIVERTIDAS DO CONCELLO DE AMES

CAPÍTULO I

OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E CONCEPTO

Artigo 1.- Obxecto.

O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas de organización e funcionamento do servizo Tardes Divertidas do Concello de Ames.

Artigo 2.- Ámbito de aplicación.

O ámbito de aplicación territorial do presente regulamento é o Concello de Ames. O servizo está dirixido aos nenos e nenas de 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria, escolarizados nos centros de Ames ou empadroados no Concello de Ames. Tamén poderán acceder ao servizo, as fillas e fillos de persoas, que estando empadroadas noutro concello, teñan os postos de traballo neste municipio. Esta situación deberá acreditarse cun certificado da empresa ou da institución correspondente. Con todo terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.

Este servizo desenvolverase nos lugares indicados polo Concello en cada convocatoria. [leer máis]

Please publish modules in offcanvas position.