REVALIDAS TERCEIRO PRIMARIA

Na asamblea xeral extraordinaria do xoves 5, a anpa As Brañas de Ventín, acordou que a nosa posición con respecto as probas de terceiro de primaria é reixetalas

Non estamos dacordo cunhas probas que consideramos inxustas e abusivas.

* Carta cancelación dos datos persoáis (word, odt)

* Carta da plataforma en defensa do ensico público de Galicia para que as familias rexeiten a reválida (word, odt)

* Qué é a avaliación de 3º de primaria (word, pdf)?

 

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA REXEITA A PROBA DE AVALIACIÓN INDIVIDUAL DE TERCEIRO CURSO DE ENSINO PRIMARIO IMPOSTA POLA LOMCE E APOIA A PROPOSTA DA CONFAPA QUE TRATA DE EVITAR CONSECUENCIAS NEGATIVAS PARA O ALUMNADO.

Tras o anuncio da Consellería de Cultura, Educación e O.U., a través da Resolución do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa da realización da proba de avaliación individual a todo o alumnado de terceiro curso de educación primaria.
A Plataforma en defensa do ensino público de Galicia, configurada polas organizacións: CCOO, UGT, CONFAPA, SE, IESGA e Escola Viva que representan á comunidade escolar de Galicia, opoñemos a dita proba porque :
1.- Dita proba pódese ter en conta para a repetición do alumnado.
2.- Avalía unicamente as competencias de lingua e matemáticas en detrimento das outras materias do currículo.
3.- Clasifica ao alumnado desde idades temperás, ao reflectirse o seu resultado no expediente.
4.- Non se adapta ao alumnado con mais dificultades ao propor soamente adaptacións de tempo e técnicas.
5 - Fomenta a competencia entre os centros e a súa estigmatización 
6.- Non terá en conta as variables contextuais dos centros, ao centrarse nun único aspecto do sistema de aprendizaxe. 
7.- Desconfía da profesionalidade do profesorado sometendo a verificación a valoración da proba externa..
8.- Desautoriza ao profesorado rompendo a avaliación continua que xa fai do seu alumnado
9.- Incrementa a carga de traballo nos centros no final de curso, polas tarefas propias de execución e valoración desta proba individual.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público esixe da administración educativa a paralización e a retirada da devandita proba en Galicia.
A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, apoia a proposta plantexada por CONFAPA pola que as familias do alumnado tratan de evitar consecuencias negativas para o mesmo negándose á realización destas probas por parte dos seus fillos/as e/ou titorandos/as.
Esta Plataforma reitera o seu compromiso na loita pola derrogación desta Lei partidista e que conta coa oposición de toda a comunidade educativa e esixe a PARALIZACIÓN da implantación da mesma nesta comunidade


Santiago de Compostela, a 6 de maio de 2015