2da Reunion Consello Escolar do curso 2019-2020

Estimadas familias,
O próximo luns día 10 de febreiro haberá unha reunión ordinaria do Consello Escolar do CEP Ventín, dende a ANPA estaríamos encantados de que vos involucredes e que sexades partícipes nesta convocatoria, e para iso animámosvos a que nos enviedes todos aqueles temas que queirades que traslademos no Consello.
Agardamos as vosas propostas.

Preparación próxima asamblea xeral

Estimados socios e socias,

Estamos preparando a convocatoria dunha Asemblea Xeral e gustaríanos contar coa vosa opinión:

- Por un lado, antes de elaborar á orde do día da Asemblea, gustaríanos darvos a oportunidade de que poidades enviarnos as vosas propostas sobre os temas que vos interesan e que vos gustaría incluir. Para elo é suficiente con que nos enviedes un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

- Por outro lado, para decidir a mellor data e hora, gustaríanos saber que día dos que nestes momentos está dispoñible o Auditorio da Casa da Cultura vos viría mellor. Para elo podedes indicarvos as vosas preferencias a través do seguinte enlace:

https://doodle.com/poll/axcfbp2d9izmwdea

Agardamos as vosas respostas e aproveitamos para lembrarvos que a vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.

Un cordial saúdo

PD. Se vos parece ben, poñeremos de data límite ata o día 5 ás 9:00 (se alguén precisa máis tempo que nos avise).

Resumo Decembro 2019

Xa tedes dispoñible no voso correo un resumo das actividades realizadas pola ANPA no mes de decembro, para que poidades estar informados das últimas novidades. Neste caso incluimos tamén un balance de contas detallado correspondente ao primeiro trimestre.

Todos sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa. Agora é moi sinxelo, e podedes facelo directamente dende a casa:

http://bit.ly/alta-actualizacion-socio

Se xa sodes socios ou socias e non tedes no voso email o resumo, pode ser que sexa necesario que actualicedes os vosos datos, para elo podedes usar tamén o formulario anterior.

Marcapaxinas para un nadal en igualdade

Dende a ANPA estamos moi concienciados coa importancia da igualdade, por iso hoxe como agasallo, todas as crianzas levarán hoxe na mochila estes marcapáxinas tan chulos que teñen por obxectivo fomentar a igualdade neste Nadal.

Queremos agradecer á Federación Galega de Anpas Compostela o seu esforzo para levar adiante esta iniciativa.

Desexámosvos a todas as familias un moi Bo Nadal en Igualdade!

Marcapaxinas pola igualdade

Folga do profesorado

Este xoves, 12 de decembro, está convocada unha folga do profesorado galego de primaria e secundaria para recuperar o horario lectivo que fora modificado no ano 2012 coa escusa da crise económica. Deste modo solicítase que, no caso de primaria, se pase de novo a 21 horas lectivas, en vez das actuais 25.

Como ven sendo habitual, cando a crise "pasou", os recortes non se devolveron, e continuamos a ter os mesmos ratios masificados, as mesmas dotacións compartidas en orientación e apoio, e a mesma infradotación orzamentaria nos centros, etc.

Obviamente, dende a ANPA apoiamos as peticións do profesorado, así como todas aquelas iniciativas que teñen por obxectivo a mellora do ensino público.

Please publish modules in offcanvas position.