Resumo de Novembro

Xa tedes dispoñible no voso correo un resumo das actividades realizadas pola ANPA no mes de novembro, para que poidades estar informados das últimas novidades. No resumo inclúese información sobre o novo CEIP de Milladoiro que sabemos que é algo que demandastes na Asamblea de principio de curso, e tamén sobre un tema de especial relevancia: a próxima licitación das compras de alimentos para os comedores de Ames.

Todos sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa. Agora é moi sinxelo, e podedes facelo directamente dende a casa:

http://bit.ly/alta-actualizacion-socio

Se xa sodes socios ou socias e non tedes no voso email o resumo, pode ser que sexa necesario que actualicedes os vosos datos, para elo podedes usar tamén o formulario anterior.

Agardamos que pasasedes unha boa ponte!

Petición de sinaturas contra o cobro recibos acumulados nos servizos complementarios

 
¿Botadesnos unha man movendo e firmando esta petición? As ANPAS de Ames acordamos abrir esta petición, como medida de presión de cara as próximas reunións coa Concellería de Educación a primeira delas o próximo mercores 27 de novembro no Consello Escolar Municipal.
Non é necesario que sexades usuarios dos servizos en cuestión, pensade que maña podedes ter necesidade de utilizalos, estamos traballando polos dereitos de todos.
Grazas por anticipado pola axuda

19 de Novembro de 2019

Cobros acumulados de recibos de servizos complementarios

O próximo día 21 de novembro (pasado mañá) o Concello cobrará os recibos da Escola de Verán de 2019 e do Setembro Lúdico de 2019, e o día 25 de novembro cargaranse os recibos dos servizos de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes divertidas do mes de setembro de 2019.

Este é o escrito presentado en Rexistro polas Anpas do Concello de Ames por mor desta problemática, que este ano se volve repetir, e na que non se ve que se tomasen as medidas oportunas por parte do Concello para evitala:

----
As Anpas do Concello de Ames, ante a situación repititiva e sangrante polos cobros dos servizos complementarios e comedores que se efectuarán ao longo dos meses de novembro e decembro, tal e como se indica na circular remitida o 14 de novembro dende o departamento de educación, e que afecta dun xeito perturbador ás economías familiares, cremos inxustificado que o concello, e en concreto a Concellaría de Educación, desoia as nosa peticións formuladas hai máis dun ano, apoiadas incluso co requirimento á institución municipal de informes pertinentes por parte do Valedor do Pobo.

Asemade, consideramos que o número de usuarios, programas e servizos non explica o atraso na execución dos recibos. Entendemos que o devandito volume non pode ser nunca excusa para tales demoras nunha admnistración local, neste caso o Concello de Ames, que debe contar con recursos suficientes para unha xestión puntual e eficaz.

Polo que, SOLICITAMOS:

- Que se lles informe ás familias do importe correspondente para poder verificar se poden facer fronte a tales contías conxuntas.
- Que se lles dea opcións e facilidades, con fraccionamentos e aprazamentos dos devanditos pagos. Así mesmo, instamos a proporcionarlles unha vía fácil e sinxela, telefónica ou telemática, sen necesidade de trámite presencial.
- Que se tomen as medidas oportunas para a resolución definitiva desta problemática.

Ames, 15 de novembro de 2019
----

O escrito foi presentado onte por rexistro.

Adicionalmente estamos traballando tamén para que se realicen as reunións de comedor pendentes e que solucionen os problemas co TokApp.

Donación de galletas para a escola

Dende a ANPA mercamos galletas para que se algún neno ou nena se olvida a merenda poida ir a conserxería e pedilas. Lembrade que son para todos os nenos e nenas da escola pero compranse coas aportacións dos socios e socias, así que, se non sodes socios, animámosvos a asociarvos canto antes.

Asociarse é moi sinxelo e podedes facelo directamente dende a casa. Só son 15€ ao ano que como podedes ver serven para moitas cousas útiles.

http://bit.ly/alta-actualizacion-socio

Lembrade tamén que segue aberto o formulario sobre o funcionamento do comedor no que podedes indicarnos as vosas inquietudes de cara a trasladarllas ao Concello.

http://bit.ly/satisfaccion-comedor

Resumo actividades Outubro

Estimados socios, informámosvos que tedes dispoñible no voso correo un resumo das actividades realizadas pola ANPA no último mes, esperamos que sexa do voso agrado.

E como na ANPA traballamos para todas e cada unha das familias, para os que non sodes socios queremos que sepades que agora mesmo un dos temas nos que estamos traballando e as problemáticas relativas o servizo de comedor entre elas a falta de información do que comen os nenos xa que se sustituiu o uso de axendas por unha aplicación móvil que non se usa axeitadamente, queixas de falta tempo para que os nenos laven os dentes, recibos atrasados .....

Sabemos que sodes moitos os pais que estades preocupados por estas cuestións, sexan ou non os vosos fillos usuarios do servizo (recordade que maña pódevos facer falta a vos), por iso pedimosvos que nos axudedes a demostrar que existe preocupación por este tema e que somos moitas as familias afectadas.
Para iso preparamos un formulario específico para este tema donde podedes deixar constancia da vosa opinión, con isto pretendemos reforzar as nosas peticións con datos.

http://bit.ly/satisfaccion-comedor

Aproveitamos para recordavos que somos conscientes que hai moitas mais problemáticas pero non sempre podemos coñecer o alcance real en canto a preocupación que realmente suscita ou non un tema, para iso temos habilitados os formularios de queixas, consultas e propostas na web da ANPA na sección escoitámoste.

Animádevos a compartir deste xeito as vosas inquedanzas, entre todos intentaremos conseguir as melloras necesarias no centro e nos servizos vinculados.

Please publish modules in offcanvas position.