Moi bos días a tod@s. 
Queremos compartir con vós a dramática situación que se está a vivir no IES do Milladoiro, un centro de novísima construcción pero que con apenas un ano de vida adoece de innumerables deficiencias que impiden o desenvolvemento das clases con normalidade e repercuten negativamente na calidade da educación dos nosos fill@s.
A pasada fin de semana pais e nais de alumnos do IES saíron á rúa para denunciar a lamentable situación na que se atopa o centro polas súas múltiples carencias materiais. E agora, co fin de darlle maior difusión aos seus problemas, cremos que é de xustiza apoialos nas súas reivindicacións compartindo con vós, como familias dos futuros alumn@s dese centro, a mensaxe que a Anpa do IES do Milladoiro está a facer circular a través das redes sociais e de distintas canles coma o whatsapp.
Compartídeo, comentádeo e difundídeo entre os vosos coñecidos coa fin de que esta situación chega aos oídos de quen ten os recursos e as competencias para poñerlle solución.