Consello escolar

Resultado

Finalizado o reconto dos 87 votos emitidos, informámosvos de que os novos representantes dos pais no Consello Escolar do CEP de Ventín son Pablo de Acosta (54 votos), Eva Fernández (40) e María Jesús Seijido (31). 

Noraboa aos tres e moitas gracias tamén a Aurora Patiño pola súa candidatura e disposición a participar nun organismo clave para o bo funcionamento do noso colexio.

Campaña Elecciones Consejos Escolares 2014

É o máximo órgano de goberno dos centros educativos. Ten carácter colexiado e canaliza a participación de todos os grupos e estamentos que compoñen a comunidade escolar dun centro. A súa constitución é obrigatoria en calquera centro que estea xestionado con fondos públicos, xa sexa un centro público ou concertado. Os membros do CE renóvanse cada dous anos por metades, excepto os pertencentes ao equipo directivo que están como mínimo catro cursos

As decisións do CE se toman por maioría simple e no caso de empate o voto do presidente é quen decide. Todas as decisións se toman baixo este procedemento, agás as reelección do director na que se debe obter a maioría absoluta.

FUNCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

As funcións do CE veñen recollidas no Real Decreto 83/1996 do 26 de Xaneiro, BOE 21 de Febreiro de 1996. Ademais a Lei de Avaliación, Participación e Goberno dos Centros Docentes aporta algún cambio a estas competencias:

  • Establecer as directrices para a elaboración do Proxecto Educativo, aprobalo e avalialo, sen prexuízo das competencias que o Claustro de profesores ten atribuídas en relación á planificación e organización docente. Asemade, establecer os procedementos para a súa revisión cando a súa avaliación así o aconselle.
  • Elixir ao director.
  • Propoñer a revogación do nomeamento do director, nos termos establecidos no artigo 19.3 c) do Real Decreto 83/1996 do 26 de xaneiro de 1996.
  • Decidir sobre a admisión de alumnos, con subxeción ao establecido na normativa vixente.
  • Aprobar as contas da partida “outros gastos” vencellada ao concerto educativo.
  • Promover a renovación das instalacións e equipamento do centro e vixiar pola súa conservación.
  • Aprobar e avaliar a PXA, respectando en todo caso os aspectos docentes que competen ao claustro.
  • Fixar as directrices para a colaboración co centro con fins culturais, educativos e asistenciais con outros centros e organismos e entidades.
  • Analizar e avaliar o funcionamento xeral do centro así como a aplicación das normas de convivencia e elaborar un informe que se incluirá na memoria anual.
  • Analizar e avaliar a evolución do rendemento escolar do centro.
  • Analizar e valorar os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa ou calquera informe referente á marcha do centro.
  • Informar da memoria anual sobre as actividades e situación xeral do centro.
  • Coñecer as relacións do centro coas institucións do contorno e cos centros de traballo.

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

A composición do Consello Escolar responde á lexislación vixente, estando constituído pola dirección e secretaría do centro, 3 representantes do titular, 4 representantes do claustro, 2 representantes dos alumnos-as, 4 representantes das familias (un deles elixidos pola asociación de nais e pais), un representante do persoal non docente e un representante do Concello.

Please publish modules in offcanvas position.