Festa das familias 2016

Queridas familias do CEP de Ventín:

Como tódolos anos, a Anpa As Brañas dará unha gran festa no colexio para despedir o curso escolar e nesta ocasión a cita será o sábado 18 de xuño.

Pola mañán serán protagonistas os nenos coa tradicional exhibición das actividades extraescolares, a final do campionato escolar de fútbol e un xantar planificado e organizado por un grupo de pais e nais dos alumnos de 5º curso para recadar fondos para a viaxe de fin de curso do próximo ano. Xa pola tarde haberá xogos tradicionais nos que poderemos participar grandes e pequenos, ademais de diferentes atraccións e inchablespara os cativos. A tómbola dos rapaces de 5º, como cada ano, será o preludio do fin de festa.

Isto simplemente é un avance do que será a Festa das Familias 2016. A comezos do mes de xuño chegaravos unha circular da Anpa con tódolos detalles e horarios e as instruccións a seguir para aqueles que queirades compartir unha xornada lúdica e de convivencia no Cole dos nosos fill@s.

Reservade o 18 de xuño nos vosos calendarios e vinde participar nunha festa que co paso do tempo se ten convertido nun sinal de identidade do noso colexio. Será un pracer contar con vós e as vosas familias outro ano máis.

Vémonos en Ventín!!

 

Please publish modules in offcanvas position.