Anuncios
Milladoiro, 21 de outubro de 2019
Estimadas familias:
Dende a nova Xunta Directiva, actualmente en proceso de constitución, queremos aproveitar para presentarnos a todas as familias que formades parte da nosa escola e poñernos á vosa disposición para resolver todas as vosas inquietudes.
Na Asemblea da Xunta Directiva celebrada o pasado luns 7 de outubro realizouse a votación para a asignación de cargos da nova xunta directiva, resultando da mesma a seguinte organización: Javier Cacheiro López (Presidente), Luz María Santos Conde (Vicepresidenta), Patricia Pombo Ferreiro (Secretaria), Sabino López Pertierra (Vicesecretario), Raquel Pérez Castiñéiras (Tesoureira), Ana María Cortizo Rarís (Vicetesoureira), Vogais: Ana María González Viaño, Laura Duro López, Virginia González Torterolo, María Isabel Rodríguez Mariño, Carmen González Sarmiento, Tairon Fernández León, e Yoana Castro García. Posteriormente á asemblea causaron baixa voluntaria na directiva Yoana Castro García, Tairon Fernández León e Raquel Pérez Castiñeiras, actualmente estamos pendentes dunha nova reunión da Xunta Directiva para cubrir as vacantes actuais. Sen embargo, queremos que saibades que isto non nos está retrasando e levamos estas dúas semanas traballando estreitamente coa directiva en funcións, que nos está prestando todo o seu apoio para poder avanzar en todos os temas abertos.
Como ben sabedes a ANPA é unha parte fundamental do funcionamento da escola xa que permite canalizar a intervención das familias no centro, garantir o dereito á información, e organizar actividades participativas.
Queremos impulsar a participación, a transparencia e a toma de decisións democráticas, e por iso nestas dúas semanas consensuamos unha proposta organizativa que vos permitirá saber como imos a traballar:
Queremos fomentar a participación de tódolos socios na toma de decisións mediante votacións electrónicas, así como facilitar que poidades trasladarnos todas as vosas propostas e axudar a lograr realizar ás que estean pendentes porque cremos firmemente que a ANPA somos todos.
Queremos establecer unha comunicación constante con vos e por iso agradecemos que nos enviedes todas as vosas propostas (porque sabemos que tedes moitas ideas), consultas (porque ningún sabemos todo) e queixas (porque sabemos que non todo é perfecto) a través dos seguintes formularios (tamén os tes dispoñibles na seccion Escoitámoste):
Queremos impulsar a transparencia, co obxectivo de que esteades informados en todo momento de todo o relacionado coa escola, así como das actividades que esteamos levando a cabo. Queremos que saibades que non estamos parados, e proximamente iredes recibindo información puntual sobre as actuacións que estamos levando a cabo.
Todos sodes benvidos dentro da ANPA e animámosvos a asociarvos canto antes se non o tedes feito xa. Agora é moi sinxelo, e podedes facelo directamente dende a casa:
A partir de agora disporedes de carnés dixitais de socio que tedes que ter recibido durante o domingo no email. No caso de non telo recibido revisade o spam, e senón o atopades posiblemente haxa un problema cos vosos datos. Nese caso usade o formulario anterior para actualizalos.
A vosa participación activa é moi importante para que así, entre todos, poidamos construír a mellor escola posible para os nosos fillos e fillas.
Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva da ANPA